Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz, Plataforma de Futuro presenta o seu proxecto e formación ante a veciñanza

fpf-presentacionDende “Foz, Plataforma de Futuro” veñen de celebrar o acto de presentación da Plataforma veciñal ante os veciños e veciñas do Concello.

Por iso, “en primeiro lugar temos que dar as gracias a todas as persoas que nos acompañaron nesta tarde e en segundo lugar pedir disculpas a todas aquelas persoas que por falta de aforo tiveron que quedar de pe, moitas gracias a todos e todas”.

DESGLOSE DA PRESENTACION:
FOLLA DE RUTA “FPF”
Isto é un gran número de veciños e veciñas que temos ganas e a ilusión de cambiar as cousas, temos ganas de facer outra forma de política, queremos que en Foz gobernen os veciños e non nos gobernen dende Lugo, nin de Santiago, queremos que Foz sexa gobernado dende Foz, que os políticos deixen de ser servidores das siglas ás que pertencen e sexan servidores dos veciños e veciñas do noso Concello. Creemos na participación ciudadana, cremos que temos que ser mais transparentes e os veciños e veciñas do noso Concello deben saber en todo momento onde se gastas os seus cartos e queremos devolver a democracia real ás nosas institucións.

1-FORMACIÓN ASAMBLEA FPF.
Primeiro empezamos a facer distintas reunións para valorar os apoios que iamos recibindo e mirando que poderiamos facer, despois vendo que a cada reunión ía mais xente decidimos que deberiamos poñernos a traballar en serio e decidimos buscar un nome para poder participar na vida diaria do noso concello, recordo perfectamente como nesa xuntanza veciñal que se decideu o nome definitivo, sairon varios nomes (17) a palestra e se votou entre os participantes desa xuntanza e saio este que temos, como moitas máis cousas que se resolveron pola votación dos seguidores. Despois de poñernos un nome empezamos a buscar un local onde facer as reunións, e concretamos un local social na rúa Álvaro Cunqueiro, nº 1, entreplanta letra E, polo que pagamos 200€ mensuais e gastos de comunidade, luz, auga e teléfono aparte, r que decidimos que debería estar ó servizo dos veciños e veciñas de Foz abríndoo ó público todos os martes e xoves de 17.00 horas a 20.00 horas cun grupo de veciños que se ofreceron a facelo gratuítamente. Polo tanto calquer veciño que queira pode ir, levar queixas preguntar cousas ou facer calquer xestión, seguimos traballando tamén nos estatutos, unos estatutos que deixan claro que somos unha plataforma cunhos idearios claros, unos estatutos que están a disposición de calquer veciño na paxina web da plataforma www.fozplataformadefuturo.com, neses estatutos recollese o funcionamento da plataforma, a maiores dunhas líneas xerais hai cousas significativas que nos destinguen das formacións tradicionais que nos rexiron hasta o momento, por exemplo que ningún cargo público da plataforma vai poder estar mais de duas lexislaturas nese cargo (8 anos), así mesmo tampouco dentro da plataforma ningún membro vai poder obstentar mais dun cargo. Si o día de mañá a plataforma se disolve todos os seus bens van ser donados a alguna institución de carácter benéfico.Dende que puxemos en marcha todo eso, tiñamos tamen que traballar na nosa imaxe e decidimos montar unha páxina de facebook fozplataformadefuturo, montamos unha páxina de twuiter @somosilusion e montamos unha páxina web www.fozplataformadefuturo.com ,esta páxina web está montada para poder ter a maior participación posible , todo esto das redes sociales contamos coa axuda dun grupo de xovenes veciños que se ofreceron a facernolo gratuitamente.O noso correo electrónico aparece en todas as redes sociales: fozplataformadefuturo@gmail.com. O tema organizativo foi avanzando a base de distintas propostas e votacións nas distintas xuntanzas veciñais.Empezamos tamén ó mismo tempo a traballar na base programática que mais adiante falaremos para poñer os cementos de cara a un futuro.Como neste periodo viamos que cada vez tiñamos mais seguidores e que os veciños nos pedían que tiñamos que dar un paso mais ó frente decidimos que para presentarnos ás eleccións municipais solamente o fariamos si obtiñamos un respaldo de 500 firmas dos nosos veciños, puxemoslle como nome #obxectivo500.

2-#OBXETIVO500
Puxemos un prazo ata o 1 de decembro (21 días), pois o obxectivo fíxose realidade, e o día 2 de decembro a Comisión de firmas facía reconto. 664 firmas totales, 22 a través da Internet, 8 de fóra de Foz e resultado final 656. Polo tanto, sentímonos avalados para presentarnos as vindeiras eleccións municipais.Polo tanto tiñamos a necesidade tamén de facer a presentación da plataforma cousa que estamos facendo nestes momentos.

3-#SIGUENOS
Durante esta presentación oístes varias veces a palabra seguidor. Pois ben para nos o seguidor é a parte máis importante desta Plataforma, todas as decisións que se tomen serán consultadas e votadas e serán os seguidores os que decidan que camiños seguir en cada momento.
Que significa ser seguidor da Plataforma?. Pois si eres seguidor non tes contraída obriga económica ninguna pois non hai que pagar cuota como nos partidos tradicionais, nin outra obriga máis, tes dereitos que son: poder participar en todas as xuntanzas veciñais que realizamos e poder opinar, e poderás tamén participar en todas as votacións que a Plataforma realice, así como estar informado puntualmente de todo canto na plataforma se faiga nas distintas reunión nun boletín que estamos traballando para que o poidan recibir unha vez ó mes. Que hai que facer para ser seguidor da Plataforma? Moi sinxelo. Podes facerte seguidor a través de Internet na páxina web cubrindo un ficheiro que che aparece cando pinchas nun recadro que pon “faite seguidor” e adxuntando ó correo eléctronico da Plataforma o DNI. Ou, senón, tamén o podes facer de maneira presencial.
4-ESTRUTURA DE COMISIÓNS
De momento Foz, Plataforma de Futuro para a sua constitución a formaron catro veciños do noso Concello, sin embargo a fecha de hoxe o único cargo que existe é o de coordinador-portavoz, non hai máis cargos dentro da Plataforma nestes momentos, para realizar os distintos cometidos contamos con grupos de traballo dentro da propia Plataforma que son os que se encargan de ir sacando as cousas para diante, o noso obxectivo é seguir así hasta que pasen as eleccións municipais e despois celebraremos a primeira asamblea veciñal como marcan os estatutos para organizarse internamente e elixir os distintos coordinadores de area, todo esto se fará seguindo os estatutos da Plataforma e serán os seguidores os que marquen os pasos e voten. Traballamos de forma interna con grupos de traballo veciñais independentes que son os encargados de ir facendo as distintas aportacións, tanto en cultura, medio ambiente, deportes, servicios sociais, etc. Foz, Plataforma de Futuro, autofinanciamonos, non recibimos nin un so euro de cartos públicos, os seguidores da Plataforma voluntariamente aportamos o diñeiro que queremos e podemos e a maiores para ir arrancando fixemos unhas tarxetas de lotería para vender a un precio de 10€ para recaudar fondos, a plataforma despois ó final do periodo de xogo reparte todos os premios, nos deso non vamos a cobrar nada , e a maiores calquer veciño de foz que quere cooperar pois pode facelo, esa é a nosa forma de financiarnos.
5-ELECCIÓN DO CANDIDATO
Agora mesmo estamos traballando coa vista postas nas vindeiras eleccións municipais, estamos traballando en diseñar un programa electoral Valente, claro e realizable, será o noso contrato cos veciños e veciñas do noso Concello, neste apartado falta moito camino que andar e faltan moitas aportacións veciñais , e tamén anunciamos xa que no vindeiro mes de xaneiro Foz, Plataforma de Futuro vamos a dar a coñecer ó noso Cabeza de lista para as vindeiras eleccións municipais. Como vamos a realizar este proceso de elección do candidato? Este proceso foi elaborado por un grupo de traballo de veciños do noso Concello que foi debatido e aprobado na ultima xuntanza veciñal que tivo lugar este último martes. EQUISITOS DOS CANDIDATOS AS PRIMARIAS:
– Ser maior de idade.
– Ter nacionalidade española.
– Estar censado no ámbito territorial do concello de Foz.
– Non estar inhabilitado para o exercicio de cargo público.
– Non estar imputado en ningún proceso xudicial.
– Estar inscrito no rexistro de seguidores de “FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO” a data 9 de xaneiro de 2014.
– Cumplimentar impreso de solicitude de presentación de candidatos a primarias para elección de cabeza de lista as eleccións municipais de 2015, xunto con este impreso presentarase a declaración da renda do exercicio 2013, así como a declaración de bens.
– Presentar de xeito resumido os seus puntos programáticos básicos.
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
– O prazo de presentación será dende o luns 29 de decembro ate o venres 9 de xaneiro.
A documentación requerida será presentada por cada candidato no local de FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO.
– O domingo día 11 reunirase a comisión de listas para revisar as candidaturas presentadas.
– De seguido anunciará os candidatos que concurren as primarias.
– Os candidatos terán dende o luns 12 ate o domingo 18, para facer campaña e falar cos seguidores; fixando a data do sábado 17, para que todos comparezan no local de FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO, para expoñer a os seguidores as súas propostas .
PROCESO DE VOTACIÓN
– O luns 9 de xaneiro, pecharanse as listas de seguidores, que terán dereito a voto, entregandose unha copia a comisión que velará todo o proceso de votación.
– Cada seguidor poderá exercer o seu dereito o voto dende as 00.00 horas do día 19, ata as 24.00 horas do día 22.
– Cada seguidor poderá exercer o seu dereito o voto, unha soa vez.
– FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO, elaborará as papeletas de cada candidato, (de cada candidato elaborará tantas papeletas como seguidores figuren no censo pechado con data 9 de xaneiro) e remitirá as correspondentes papeletas, a todos os seus seguidores.

Votación en urna
Todos aqueles que desexen votar en urna poderán facelo o martes 20, e o xoves 22, en horario de 17 horas ate as 20 horas no local social sito en:
Cl Alvaro Cunqueiro Nº 3 – Entlo E
27780 – FOZ
Exerceran o seu dereito a voto, presentando o seu D.N.I., e sempre que estén inscritos no censo de seguidores pechado a data 12 de xaneiro.

Votación por correo
Todos aqueles de desexen votar por correo deberán enviar a papeleta do candidato que elixan, xunto con unha copia do seu DNI, antes do día 20 de xaneiro ó seguinte enderezo:

FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO
Cl Alvaro Cunqueiro Nº
27780 – FOZ

Votación por vía telemática
Calquer seguidor pode exercer o seu dereito a voto, dende a web seguindo os pasos que se especifican no espazo habilitado para a votación.

RECONTO
– O reconto, será feito por a comisión electoral, o venres 23, e no mesmo deberán estar presentes todos os candidatos que concorreron ás primarias.
– A comisión revisará primeiro cada un dos votos emitidos por vía telemática, logo incorporará a urna os emitidos por correo.
– Se un mesmo seguidor vota en urna e por vía telemática, será anulado o voto por vía telemática.
– Se un mesmo seguidor vota en urna e por correo, será anulado o voto por correo.
– Se un mesmo seguidor vota por correo e por vía telemática, será anulado o voto por correo.
Unha vez rematado o reconto a Comisión levantará acta, e entregará unha copia da mesma a cada candidato e outra o portavoz de FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO
-CONGRESO FUNDACIONAL.
OBXETIVOS DE FPF
1-Implementar un novo clima político.
2-Alternativa veciñal da Mariña.
3-Defensa dos sectores estratéxicos da Mariña.
4-Axenda obxectivos municipais 2015-2025.
5-Potenciar a cultura ecolóxica na veciñanza e reducción da huella de carbono.

POSICIONAMENTO IDEOLÓXICO
1-Xente nova cunha nova concepción da política
2-Somos unha alternativa humilde, pero moi digna.
3-Os partidos tradicionais funcionan con lóxicas caducadas.
4-Queremos amoldar o poder á sociedade.
5-Os representantes públicos da plataforma teñen que rendir contas dentro da plataforma.
6-Referéndums internos de iniciativas para a corporación.
7-Implementar a tecnoloxía á representación.
8-Listas cremallera.
9-Somos comarcalistas.
10-Mancomunar servizos.

PRECEPTOS DA ACCIÓN POLÍTICA
1-Tecnoloxía.
2-Ecoloxía.
3-Saúde.
Xustificación destes campos nas iniciativas a levar a cabo (sempre e cando interveñan nos procesos).

PIARES POLÍTICOS

1-PARTICIPACIÓN
1.1 Consello veciñal.
1.2 Presupostos participativos.
1.3 Procesos de consulta anuais de acción políticas de relevancia.
1.4 Central de análise de datos e publicacións dixital (BIG DATA).
1.5 Apertura de espazos de consulta dixital aos edís.
1.6 Fomentar entrevistas na radio da Corporación.
1.7 Sacar os plenos ás parroquias dos noso Concello.
1.8 PXOU- Referéndum-

2-REPRESENTACIÓN
2.1 Fin da “vella Política”.Transparencia.
2.2 Deseño de modelo de representación política.
2.3 Redefinir o modelo de rendición de contas (perfil do edil).
2.4 Que Foz volva a gobernarse dende foz.
2.5 Limitación de mandatos e soldos. ( 2 lexislaturas).
2.6 Empoderamento da estructura en rede.
2.7 Cese temporal de cargos con imputacións graves.

3-COMUNICACIÓN
3.1 Gran rede de comunicación WEB e RRSS.
3.2 Prazas WIFI (Praza do Concello, Praza Conde de Fontao, etc).
3.3 Sistemas de alertas en Rede (timeline).
3.4 Oficina de turismo virtual.
3.5 Ampliación de Radio Foz con contidos audiovisuais.

4-FORMACIÓN
4.1 Centro de Formación municipal.
4.2 Instrucción tecnolóxica global.
4.3 Iniciativa para a mellora da calidade hosteleira.
4.4 Aula da natureza.

Exit mobile version