Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz, Plataforma de Futuro preséntase ante a veciñanza o sábado 27 de decembro na Casa da Cultura

Dende Foz, Plataforma de Futuro continúan dando pequenos pasos no seu funcionamento. “Despois de conquerir o obxectivo que nos propuxemos para poder concurrir ás vindeiras eleccións municipais, que foi o da recollida de 656 avales, agora daremos un paso máis desgranando as liñas mestras da transformación política que continuamos a deseñar para Foz e decidimos presentar a todos os veciños e veciñas do noso Concello a Plataforma veciñal”.

“Dende as nosas primeiras xuntanzas, este movemento crece exponencialmente en apoios e avanza nas súas irrenunciables propostas cara a consecución dunha nova alternativa política de participación, representación e transparencia para o noso pobo”.

Por todo isto, convidan a todos os veciños e veciñas do Concello ó acto de presentación de “Foz, Plataforma de Futuro” que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Foz o vindeiro sábado 27 de decembro ás 18.00 horas.

Con este acto “queremos marcar un antes e un despois, falaremos dos nosos inicios, falaremos da actualidade da Plataforma e remataremos falando das liñas mestras que debe ser o noso futuro e o futuro dos nosos veciños e veciñas do noso Concello”.

“Cremos noutra forma de facer política, na que os veciños e veciñas sexan os verdadeiros protagonistas, queremos que a política do noso Concello se faiga dende aquí, e que non se faiga pensando en beneficios persoais, nin en beneficio das siglas de ninguna formación. Cremos non só nas palabras, senón nos feitos, por iso cremos na PARTICIPACIÓN CIDADÁ, cremos na TRANSPARENCIA e cremos na REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA DO NOSO CONCELLO”.

“Somos ilusión, polo tanto, cantos máis sexamos o vindeiro 27 de decembro, máis ilusión xeraremos”, conclúe Sixto.

Exit mobile version