Facendo un guiño ao anuncio televisivo da Lotaría de Nadal deste ano, e sobre todo un bo detalle aos seus clientes, a empresa Galipizza entregou a tódalas persoas que comeron nalgún dos seus locais de Santiago de Compostela, Culleredo, Ribadeo ou Viveiro un ‘misterioso’ sobre vermello personalizado.
Dentro do sobre, ademais dun calendario 2015 e unha felicitación de Nadal, regalábase a todos e cada un dos clientes unha invitación para volver calquera outro día e comer ou cear gratis en calquera dos locais da cadea: “o importante é ter saúde… e que non falte Galipizza”.
Galipizza mantivo en segredo esta iniciativa para sorprender aos seus clientes. En total repartíronse 500 invitacións entre o catro locais da empresa. Nas redes sociais xa compartiron onte numerosas fotografías dos agraciados e ademais publicouse un vídeo gravado no local de Santiago de Compostela: http://youtu.be/SDOf94QrSWQ.