GATUXO é un espectáculo musico-teatral para bebés e familias, no que a parte
musical, da man de Magín Blanco, Jorge Juncal e María Faltri se completa coa
dramatización das cancións por parte de raquel Queizás, a través do teatro,
a manipulación de obxectos, o clown, o claqué….e todo esto saíndo de
dentro dunha caixa… Magín Blanco, voz e guitarra; Jorge Juncal, piano e acordeón; María Faltri, voz e percusións; e Raquel Queizás, actriz; achegarán ó Teatro Pastor Díaz de Viveiro este espectáculo o sábado 13 de decembro a partir das 18.00 horas.