Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia e Diana Durán presidiron a entrega de premios ós gañadores do XIII Certame de carteis do Día Mundial da Sida

Burela, 1 de decembro de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, entregaron este mediodía os premios aos gañadores do XIII Certame de Carteis do Día Mundial da Sida, que convocou o Concello.

Na categoría de 12 a 15 anos a gañadora foi Raiza Rivera. A categoría de 16 a 20 anos quedou deserta e na categoría especial o premio foi compartido polos traballos conxuntos que presentaron a Fundación Eu Son e a asociación A Mariña. O acto de entrega de agasallos tivo lugar na mesa informativa situada nas inmediacións do centro de saúde de Burela, nesta xornada na que se celebra o día mundial da sida. Os gañadores verán os seus debuxos publicados, ademais de recibir agasallos valorados en 50 euros en cada categoría.

Exit mobile version