Site icon Crónica3.com A Mariña

Lamela esixe ao alcalde que explique aos veciños a ruptura do pacto de goberno

O Valadouro, 01 de decembro de 2014.- O Presidente e portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Jose Manuel Lamela, esixe ao alcalde, o socialista Edmundo Maseda, que dea explicacións públicas aos veciños sobre a ruptura do pacto de goberno. Os populares consideran incomprensible que o rexedor permaneza mudo ante a grave crise provocada despois de que os socios do goberno local -Udival e BNG- decidiran votar en contra dos orzamentos municipais, tras un ano e medio de desgoberno caracterizado por continuas liortas e tiranteces e un clima de total desconfianza mutua entre as forzas que propiciaron a moción de censura.

Lamela sinala que as aclaracións son necesarias para que o alcalde socialista non converta ao Concello do Valadouro nun lugar escuro onde o único que se transmiten son os reproches que se lanzan os antigos socios, uns aos outros, poñendo en dúbida a súa xestión, pero no se explica aos veciños os motivos destas discrepancias.

EXPLICAR COMO PENSA GARANTIR A GOBERNABILIDADE
Desde o punto de vista dos populares é absolutamente incrible que pasados máis de tres días desde o pleno no que tivo lugar a retirada do apoio ao alcalde, Edmundo Maseda non explicase como pensa garantir a gobernabilidade e xestión municipal no que queda de lexislatura, a situación na que queda o goberno ou aproveitase para desmentir ou replicar ás críticas efectuadas polos seus antigos socios

Os populares insisten que este novo episodio vén a darlles a razón cando indicaron que o tripartito promotor da moción de censura nunca tivo un programa de goberno para Valadouro distinto da defensa dos intereses particulares dos distintos concelleiros, e cualifican este ano e medio como un tempo perdido.

Exit mobile version