Site icon Crónica3.com A Mariña

Lidia Senra propón a unha produtora ecolóxica mariñá como experta para asesorar á Comisión de Agricultura

Bruxelas, 02 Decembro 2014. Co obxectivo de discutir varios aspectos do novo regulamento relativo á produción ecolóxica e etiquetaxe de produtos ecolóxicos proposto pola Comisión Europea, a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo realizará mañá unha audiencia pública baixo o título “O regulamento relativo á produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos”.

Para esta audición, da que se pretende obter insumos para a elaboración de textos lexislativos da Comisión, os diversos grupos políticos tiveron a opción de propor persoas expertas. A europedutada de Aleternativa Galega de Esquerda Lídia Senra, na súa responsabilidade como Coordinadora do GUE/NGL para a Comisión de Agricultura, apostou por convidar á labrega Elia Rodríguez Álvarez, que ten máis de vinte anos de experiencia na produción ecolóxica na Galiza e é na actualidade representante do Sindicato Labrego Galego no Consello Regulador de Produción Ecolóxica.

Deste xeito, sinala Senra, “Elia Rodríguez non só aportará importantes engádegas ás reflexións de carácter teórico que se enuncien nesta audición, senón que ca súa intervención garantirá que a a voz das labregas e labregos de produción ecolóxica sexa escoitada pola Comisión”.

Exit mobile version