Site icon Crónica3.com A Mariña

López Penabad destaca a restauración da zona comprendida entre a N-640 e a Ría de Ribadeo

Ribadeo 19 de novembro de 2014.- 18.000 mil euros para a adquisición de planta autóctona e adecentar con esta variedade a zona comprendida entre a N-640 e a Ría de Ribadeo, actualmente repleta de eucaliptos. Unha iniciativa do Goberno galego e que este venres ven de valorar o presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad.

O popular valora positivamente a iniciativa da Xunta de Galicia, que permitirá a retirada dos eucaliptos presentes para adecentar e embelecer os dous quilómetros que discorren dende Costal a Aceñas, ou o que é o mesmo, dende a Playa dos Bloques ata os muíños de mareas das Aceñas.

López Penabad explicou que esta cuantía económica, de 18.000 euros, distribuirase en dúas fases, aplicando unha metade este ano e a restante para o vindeiro.

O popular concluíu manifestando que esta iniciativa da Xunta de Galicia ratifica o seu compromiso con Ribadeo.

Exit mobile version