Esta campaña poñía en xogo 25.000 € en vales de compra dos establecementos asociados. O premio de ACIAL, a asociación laurentina, ascende a 2.237 € para gastar ata o 24 deste mes de decembro.
A afortunada foi Victoria Vidal Ares, mindoniense, que recibiu a papeleta gañadora na Farmacia Lombardero de Mondoñedo.
O premio foi entregado pola vicepresidenta de ACIAL no establecemento que agasallou a Victoria co boleto pola súa compra, estando presentes tamén o presidente da federación e Manuel Tapia, presidente da asociación de comerciantes de Mondoñedo.
ACIAL non quere deixar escapar á fortuna e por isto, mañá mesmo porá en venta a súa lotería de Reis adquirida na administración “A Faba de Ouro” de Vilanova de Lourenzá que tanta felicidade repartiu na mañá do reivincado “día da saúde” vendendo o quinto premio do sorteo extraordinario de Nadal.