Site icon Crónica3.com A Mariña

Lydia Botana abriu os actos da sétima Festa de Nadal “Fraga das Saímas”

En Santo André de Boimente, 22 de decembro de 2014.- O sábado 20 de decembro o Centro Socio-Cultural de Sto. André de Boimente abriu as súas portas por sétimo ano consecutivo para celebrar o Festival Fraga das Saímas, organizado polo colectivo de mulleres de Santo André de Boimente.

A esta cita anual acudiron un cento de socias, familiares, veciños e amigos de Viveiro. Os asistentes, que non se quixeron perder esta celebración de despedida do 2014 e peche das actividades do colectivo feminino, gozaron dun extraordinario concerto de Nadal ofrecido pola instrumentista e cantautora Lyda Botana, artisticamente coñecida como Bolboreta, que ao longo dunha hora fixo as delicias do público, encandilando a tod@s @s asistentes coa súa música e extraordinaria voz.

A Presidenta, Flor Chao, durante o seu discurso de presentación describiu a Lydia Botana como unha Bolboreta apaixonada pola música e a vida, a que nada lle pon medo e que escrebe e compón cancións sobre as emocións e a vida mesma que a rodea, pero sempre co optimismo e a humildade que a definen.

Logo da celebración do concerto de Bolboreta, os convidados disfrutaron dunha cea de confraternidade servida polo restaurante O Val do Naseiro, onde os comensales deron boa conta de entremeses, rape en salsa verde, tarta helada e dos típicos postres navideños. Ao remate destes a Directiva “Fraga das Saímas”, axudadas por tres nen@s e tres “mozas de ouro”, socias do colectivo, procederon a sortear 3 fermosas cestas navideñas e 3 agasallos-sorpresa, caendo a sorte nas mans das socias do colectivo Fraga das Saímas: Eva, Elsa e Fina e @s convidad@s Brais e Luisa entre outros.

Esta celebración navideña prolongouse ata pasadas as 02.00 horas da madrugada, onde os máis festexeiros remataron a velada bailando ao son do ritmo da música do Dúo Estrellas, que durante máis de tres horas os seus compoñentes, os irmáns Ana e David, animaron con entusiasmo e sen parar a un público entregado ao baile e a diversión.

Exit mobile version