Site icon Crónica3.com A Mariña

Maltrato

Perante a batalla campal que foi o seu matrimonio estivo tan enfrascada en defenderse das agresións do seu amante bandido que se refuxiou no traballo para esquecer a súa dor, a súa soidade, o inferno que vivía. Construíu un mundo onde non admitiu, sequera, aos seus nenos. Sentíase abochornada, cómplice dun segredo escuro e timoneaba como podía as súas dúas vidas: a que o mundo observaba e o inferno no seu fogar. Non lles deu aos seus fillos o amor e a atención que demandaban, todo o que ela non recibiu de nena e o que tanto necesitou. Ten 47 anos.

Un día envalentonóuse e un amigo, un varón, púxolle no camiño da liberación. Hai vida fóra, díxolle, non estás soa, podes e debes. Plántalle cara á vida, ao agresor, grita a túa dor que moitos son os oídos que alzarán as orellas ao primeiro aviso. Non podemos ser insensibles aos atropellos que visten con saias, píntanse os beizos, locen tacón de agulla e necesítannos. Non podemos. Recorda que estamos aquí.

Otero Regal.

Exit mobile version