Site icon Crónica3.com A Mariña

Markytos, a varado limpo, fíxose co VIII Aberto do Galo da Liga Nacional de Billarda

DSC05397San Miguel de Reinante, 16 de decembro de 2014.- O decano dos torneos de billarda é o “Aberto do Galo” que vai xa pola súa oitava edición e que tería que xogarse en Ribadeo pero, mágoa, por mor da choiva non puido disputarse fora e como eiquí non temos un pavillón cuberto axeitado, a serpe multicolor da LNB, tivo que reptar ata San Miguel de Reinante para poder así dar saída a V xornada da liga regular na conferencia NorLeste.

Como quedou ben demostrado na anterior xornada (no Aberto de Flores), o pavillón é campo abonado para os varados, e si daquela se fixeron 13, desta volta superouse a cifra chegando os 18 tiros directos, e novamente Markytos brilou con luz propia, establecendo un record (a billarda non podía quedar fora desta loita constante por facer novas marcas) de 5 varados en 5 carreiras. A verdade é que o premio merecia a pena. Un fermoso galo pinto de poucos meses, patrocinado mais unha volta por “Limpezas José Manuel”, cuxo responsable, tamén palanador, é coñecido no ámbito billardeiro como Mondoñedo.

A proximidade do Nadal e o xogarse en domingo poida que restara afluencia ao aberto que nembargantes estivo emocionante e moi competido ata o final. A falta de unha carreira, catro xogadores tiñan posibilidade de acadar o pleno, pero so dous foron quen de facelo, Markytos de “Billardeiros Musicais” e Pepe Outeiro de “O Cadaval”. Os outros dous (Daniel de “Billardeiros Musicais e Martiño de “Remourelle Bulls”), cederon sendos empates e tiveron que conformarse con 9 punto que lles permitiu loitar entre eles pola terceira plaza no aberto.

Todos os xogadores tentaron dar o mellor de en cada golpe, pero sin dúbida era o día de Markytos. Xornada memorable a do bicampión nacional. Bastaronlle cinco golpes para acadar outros tantos varados e deixar a palanadores e xeareiros con cara de incredulidade. Puxo o listón no mais alto e só o tempo dirá si alguén é capaz de igualalo. Melloralo imposible. Sin embargo non foi bastante para gañar directamente, xa que Pepe Outeiro sin facer tanto ruido tamén gañou as súas cinco carreiras e o dereito a loitar nun desempate a dúas carreiras polo preciado galo.

Así pois xogouse unha final doble a dúas carreiras: Nunha pista polo 1º e 2º posto Markytos e Pepe Outeiro. Na outra pista polo 3º posto Daniel e Martiño.

Na primeira carreira e logo de varios erros xeneralizados, parecía que todos tiñan perdido o tino e non daban acertado co golpe definitivo, doble empate.

Na segunda carreira, Markytos finiquitou a súa manga cun novo varado que lle permitiu, agora si, lanzar o ar un resoante Kikirikí como gañador do Aberto.

Na segunda pista a emoción continuaba, un novo empate levaba os loitadores a carreira final na que Daniel se impuxo non sin dificultades a Martiño e acadou o terceiro posto.

Por equipos “Billardeiros Musicais” superaron ainda que so por dous puntos a “O Cadaval”, o que lles permite ampliar un pouquiño mais a súa ventaxe ao fronte da clasificación.

Os premios para os gañadores consistiron en:
Un galo e botella de champan para o primeiro, e para segundo e terceiro algo de turrón para celebrar o Nadal. Tamén o equipo gañador recibiudo unha bandexa de productos da época que na misma pista saborearon e repartiron entre todos os presentes.

Os nosos parabéns unha vez mais a tódolos palanadores por esta inesquencible xornada de billarda e aproveitamos para desexar a todos, palanadores e xeareiros un Bo Nadal e Ani Novo Feliz. Agardamos vernos, xa para o ano que ven, en Castro de Riberas de Lea o 10 de xaneiro no aberto da Pita de Mos.

As clasificacións logo da quinta xornada quedan así:
Individual: Markytos 44 p., Daniel 42 p., Pepe Outeiro 39 p., Kiko e Noé 38 p.
Equipos: Billardeiros Musicais 166 p., O Cadaval 157 p., e Carabullo de Teixo 127 p.
Varados: Markytos 9, Charli e Daniel 4, Roi e Tonecho 2.

Exit mobile version