
Por máis de dúas horas, Miguel San Claudio Santa Cruz, expuxo ante un interesado grupo de asistentes a súa conferencia “Arqueología Subacuática en Galicia, Costa Norte”, resultando un encontro sumamente agradable e distendido onde o público preguntou, comentou e siguiu con atención a disertación dun experto na materia. Un luxo para o Casino de Viveiro contar cun especialista da súa valía, e poder brindar un evento deste nivel ós veciños de Viveiro.