Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova web do restaurante San Miguel de Ribadeo

sanmiguel-ribadeoO restaurante San Miguel, de Ribadeo, acaba de estrear nova páxina web, na que inclúe máis contidos. E, ademais incrementou a súa presenza nas redes sociais coa creación dunha conta en twitter –@RestauSanMiguel– que se suma ó seu perfil de facebook. Na renovada web, www.restaurantesanmiguel.org, hai numerosas informacións e fotografías sobre as instalacións do establecemento ubicado no porto deportivo de Porcillán, da súa ampla e variada carta de pratos e bebidas, do equipo de traballadores do restaurante e do entorno onde está situado. A través da conta twitter recentemente creada e do perfil de facebook dáse a coñecer a actualidade deste establecemento hostaleiro propiedade de José Miguel González e José Ramón Rodríguez, que ademais é o xerente e xefe de cociña.

Exit mobile version