O Apalpador volverá visitar Barreiros o domingo 28 de decembro ás 16.30 horas. Saíndo do Bar Xunqueira, dará un paseo por Vilamar acompañado polo Cuarteto Tradicional Xaramolo. Ás 18.00 horas as nenas e nenos do grupo de teatro infantil de Ollomao representarán a obra “Fly Airways” no centro sociocultural de San Cosme. A continuación, ás 19.00 horas, o Apalpador volverá facer acto de presenza tamén no Centro Sociocultural para contar os contos dos animais e árbores do Caurel e agasallar ás pequenas e pequenos alí presentes cunha árbore autóctona. Ó remate da xornada haberá chocolatada para as e os pequenos.