Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro considera unha medida desproporcionada a redución da velocidade a 50 km/h no tramo comprendido entre Viveiro e Landrove

Os nacionalistas de Viveiro consideran que a medida anunciada polo Xefe da Policía Local, trátase dunha medida absolutamente desproporcionada, e que non ten nada que ver coa seguridade. Consideran dende o BNG que a limitación da velocidade actual na zona é suficiente para garantir a circulación segura dos usuarios da vía.

Dende o BNG, afirman que as infraestruturas viarias de Viveiro xa son de por si deficientes, se a iso lle engadimos a paralización da variante de Viveiro por parte do goberno do PP na Xunta de Galiza, non podemos permitirnos ademais restrinxir aínda máis a velocidade en zonas onde non é preciso.

O Portavoz Municipal do BNG Bernardo Fraga, declarou no día de hoxe “Instamos a retirar a proposta de limitación da velocidade a 50 km/h que realizou o xefe da Policía local para o tramo entre Viveiro e Landrove, mantendo as limitacións actuais, e pedímoslle á Alcaldesa e ao goberno municipal, que desbote esta posibilidade”.

Exit mobile version