Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro elixiu por unanimidade a Bernardo Fraga como candidato á alcaldía nas eleccións municipais de 2015O BNG de Viveiro elixiu por unanimidade a Bernardo Fraga como candidato á alcaldía nas eleccións municipais de 2015

bernardo-fragaO BNG de Viveiro, en Asemblea aberta, elixiu por unanimidade a Bernardo Fraga Galdo, como candidato do BNG á Alcaldía de Viveiro nas Eleccións Municipais de maio.

En declaracións aos medios Bernardo Fraga destacou “Afrontamos este proceso electoral de maio, con moita ilusión, con ganas de traballar e cambiar a dinámica de parálise absoluta na que está sumerxido o actual goberno municipal”.

“Presentarémonos a estas eleccións cun equipo e un programa de goberno, que garanta traballo, capacidade de goberno, coa idea clara de transformar o Viveiro do presente, para convertelo no Viveiro do futuro”.

“Nós temos un modelo de Concello que presentaremos no seu momento, e para o que contaremos coas veciñas e veciños e con todo o tecido asociativo do Concello de Viveiro”.

Unha vez rematada a asemblea aberta, indicou: “no BNG non facemos os congresos á Búlgara, na nosa formación calquera persoa pode participar na formación e elección das candidatas e candidatos do BNG nos procesos electorais”.

Perfil
Bernardo Fraga Galdo, Arquitecto Técnico de 31 anos, desenvolve a súa actividade profesional en Viveiro. É concelleiro e Portavoz Municipal do BNG dende o ano 2011, cando encabezou a candidatura que triplicou a representación do BNG no Concello de Viveiro. Participa activamente na vida social e cultural de Viveiro.

Exit mobile version