Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG interésase no Parlamento galego pola conservación dos postos de traballo en Alcoa

O grupo parlamentar nacionalista presenta catro iniciativas, duas para resposta oral e escrita en comisión, unha interpelación, e unha pregunta para resposta oral en pleno, todas elas no mesmo sentido:

Á Mesa do Parlamento

María do Carme Adán Villamarín, Francisco Xesús Jorquera Caselas e Cosme Pombo Rodríguez, deputada e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Interpelación.

O luns 1 de decembro de 2014 a Dirección de Alcoa informaba ao Comité da apertura dun despido colectivo nas fábricas de A Coruña e Avilés. Segundo a dirección da empresa isto é consecuencia da subasta de servizos de interrumpibilidade para grandes consumidores industriais organizada polo operador do sistema eléctrico. Alcoa non puido conseguir dita subasta, celebrada na semana do 17 de novembro, suficientes servizos de interrumpibilidade para as súas fábricas. Isto, e segundo a empresa, leva ao peche da fábrica de A Coruña.

Esta situación derivada da mala xestión enerxética do goberno e da incapacidade para ter un marco enerxético propio en Galiza conduce a un desastre industrial máis no noso país.

Por isto, e ante esta situación, formúlase a seguinte Interpelación:

-Cal é a posición do Goberno galego ante o anuncio da Dirección de Alcoa A Coruña?

-Cales son as actuacións desenvoltas polas consellerías implicadas, como Traballo e Benestar e Economía e Industria?

-Que accións vai desenvolver para conservar os postos de traballo?

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014

María do Carme Adán Villamarín
Cosme Pombo Rodríguez Deputada e deputado do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas Portavoz do do BNG

Exit mobile version