Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS Pescados Rubén, membro da nova Comisión Delegada da Federación Galega de Fútbol Sala

O Club Deportivo Burela Futbol Sala Pescados Rubén, en relación ás eleccións á presidencia da Federación Galega de Fútbol e da Comisión Delegada, quere mostrar o seu agradecemento, e a máis alta consideración, aos diversos estamentos que conforman o Fútbol Sala galego polo apoio abafador ao CD BURELA FS, tanto nas eleccións a Asambleístas, sendo o club máis votado, como a súa proclamación como membro da Comisión Delegada para o próximo mandato, logrando aglutinar ao oitenta por cento do fútbol sala galego.

É unha honra e responsabilidade ao que corresponderemos con humildade e traballo en prol do noso querido deporte, a representación outorgada a esta entidade non dubidedes será a vosa. Así mesmo, a entidade agradece a D. José García Liñares o apoio e impulso dado durante o seu mandato ao Fútbol Sala e felicita a D. Rafael Louzán pola súa elección como presidente da Federación Galega de Fútbol.

Exit mobile version