Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela apoia o rastrillo de Nadal

rastrillo-burelaBurela, 13 de decembro de 2014. O alcalde de Burela, José María González Barcia, e a concelleira de Muller e Igualdade, Diana Durán, visitaron este sábado o rastrillo de Nadal que este fin de semana organizan na praza de abastos as asociacións da localidade que traballan no ámbito da muller.

Barcia e Durán departiron coas asociacións participantes e puideron comprobar o interese das mesmas en seguir potenciando esta actividade. “O Concello de Burela continuará facendo todo o que estea nas súas mans para dinamizar a vida das asociacións, e tamén para que este rastrillo da solidariedade tiña continuidade e continúe celebrándose”, dixo a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Diana Durán.

Exit mobile version