Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela ven de solicitar unha subvención á Xunta para a aula CeMIT

Burela, 19 de decembro de 2014. O Concello ven de solicitar unha subvención á Xunta para a Aula CeMIT, que cesará as súas actividades nos vindeiros días. Mónica Pedre, concelleira de Educación, agarda que “a Aula CeMIT reabra de novo as súas portas o vindeiro mes de marzo. Será unha vez que teñamos concedida a subvención correspondente”.

De abril a decembro deste 2014 a Aula CeMIT de Burela impartiu 35 cursos, 15 de nivel básico e 20 de nivel avanzado, en total foron 377 horas de formación. O número de usuarios que asistiron aos cursos foi de 284, segundo a memoria de actividades da aula. Entre as 35 actividades que se impartiron figuran: alfabetización dixital: mecanografía, informática, internet e correo electrónico; formación a desempregados: elaboración de currículo e busca de emprego na internet; DNI electrónico; ofimática; aplicacións de Google; e administración electrónica.

A Aula CeMIT estivo aberta 590 horas para o uso libre dos equipos. E rexistrou 110 altas de usuarios: 40 homes e 70 mulleres. O maior número situouse no tramo de 41 a 65 anos con 61 persoas, seguido da franxa de 26 a 40 con 25 persoas, os menores de 15 anos que acudiron á Aula CeMIT foron 18 e 5 persoas maiores de 65 anos tamén visitaron este centro.

Exit mobile version