Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove entrega 66 becas de axuda ó estudo neste curso escolar

Este luns 21 de decembro, ás 17.00 horas, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Xove a cargo do alcalde, Demetrio Salgueiro e da concelleira de servizos sociais, Ana Abad, a entrega das becas e axudas ó estudo que o Concello convoca cada curso escolar.

Nesta ocasión concedéronse as seguintes axudas:

-17 axudas para estudos universitarios, cuxa contía ascendeu a 23.388,43 €.

– 3 axudas para ciclos formativos de especialidades que non existen na comarca cunha cantidade de 1.172,24 €.

-9 axudas para alumnos con discapacidade cun total de 6.750 €.

-35 axudas para compra de material escolar, cuxa contía ascendeu a 4.500 €.

-2 para máster, que suman un total de 1.000 €.

En total o Concello invisteu para o presente curso nestas becas e axudas a cantidade total de 36.810,67 €. A cantidade investida o pasado curso 2013-2014 foi de 30.423,18 €., polo cal temos un incremento de máis de 6.000 euros para o actual exercicio.

Exit mobile version