Site icon Crónica3.com A Mariña

O DOG publica a orde de aprobación definitiva do PXOM de Ribadeo

Ribadeo, 1 de decembro de 2014. O Diario Oficial de Galicia publica este luns a orde de aprobación definitiva do PXOM ribadense. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que estamos diante dos últimos flocos de índole administrativa para que este documento cobre vixencia e validez.

O rexedor dixo que “no día de hoxe, luns, tal e coma estaba previsto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ven de publicar no Diario Oficial de Galicia a orde pola cal aproba de maneira definitiva o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo. Con este trámite de agora, podemos dicir que remata precisamente coa tramitación administrativa do PXOM de Ribadeo, da súa redacción e da súa aprobación. Con este trámite remátase de maneira definitiva, e agora estamos a recibir nestas semanas, a ver se pode ser, un documento dilixenciado por parte da Xunta de Galicia para que o Concello faga o seguinte paso, que xa sería o último e consistiría en publicar a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A partir de aí sería cando xa cobraría vixencia o novo plan”.

Suárez Barcia considera que “estamos xa nos últimos flocos, nos últimos pasos de índole puramente administrativa para que este plan, que se aprobou fai apenas unhas semanas, cobre vixencia e validez. E sexamos, como non, un dos poucos concellos do país que teñamos un plan adaptado á normativa vixente, adaptado á vixente Lei do Solo e que contribúa a seguir modernizando o Ribadeo de todos, o Ribadeo que queremos tanto na vila coma nas parroquias.”

Exit mobile version