Site icon Crónica3.com A Mariña

O éxito de ‘A Esmorga’, que resoa en Hollywood, chega a Ribadeo

a-esmorgaA ESMORGA (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG) traspasa fronteiras. A adaptación cinematográfica da novela homónima de Eduardo Blanco Amor, dirixida por Ignacio Vilar e co-protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris”, chega a Hollywood da man de “The Hollywood Reporter”, unha das dúas principais publicacións sobre cinema e a industria de entretemento nos EEUU.

A prestixiosa revista estadounidense considera o filme “unha película política sobre a crise financieira en España” e destaca a que “rodar unha película na lingua local é un feito illado”, en referencia a aposta de Vilar polo galego. Tamén eloxia a interpretación do elenco, a dirección de fotografía de Diego Romero e a banda sonora de Zeltia Montes. No artigo tamén se insta aos festivais de cine internacionais en busca de obras auténticas e singulares a non perder a oportunidade de proxectar un filme tan intenso como A ESMORGA.

E mentras a crónica das intensas 24 horas que levan ós tres protagonistas á autodestrucción empeza a ter eco no estranxeiro, en Galicia o público segue a desfrutar do filme, que cumple un mes en carteleira rozando a marca dos 35.000 espectadores.

Así, malia a dura competencia de superproducións norteamericanas recén estreadas, A ESMORGA logrou levar entre onte e o mércores máis de 2.400 espectadores ás salas galegas, situándose entre os filmes máis vistos en cines como os Gran Vía, Cines Norte e Plaza Elíptica (Vigo), CC Ponte Vella (Ourense) e As Cancelas (Santiago), entre outros.

Con esta excelente acollida do público, A ESMORGA entra na súa quinta semana, estando presente nos seguintes cines:

RIBADEO: Cines Cinelandia
A CORUÑA: CC Os Cantóns / CC Marineda City / CC Os Rosales
VIGO: CC Gran Vía / CC Travesía
OURENSE: CC Ponte Vella
SANTIAGO DE COMPOSTELA: CC As Cancelas
LUGO: CC As Termas
FERROL: Cines Dúplex
CALDAS DE REIS: Cines Avenida

Exit mobile version