Site icon Crónica3.com A Mariña

O Frutas Jose Viveiro FSF non puntúa en Lugo

Encontro moi igualado o disputado no Pavillón do Palomar este pasado sábado, onde o resultado non amosa a igualdade vista sobre a cancha de xogo, e onde os erros na finalización condearon as xogadoras de Viveiro a virse de baleiro no seu desplazamento a Lugo para xogar ante un dos equipos que está a pelexar polo título de liga.

A primeira metade foi de dominio alterno de ambos equipos pero as lucenses aproveitaron un erro defensivo para adiantarse no marcador, mediada a primeira metade, resultado co que se chegaría ao descanso.

A segunda metada transcurria polos mesmos cauces ca primeira, dominio alterno e onde o perigo local chegaba nas xogadas de estratexia, e foi precisamente ao saque dunha falta onde as locais acadaría o 2-0 logo dun desafortunado rexeite dunha xogadora de Viveiro, que se colou na portería de Diandra.

As rapazas do Viveiro seguiron intentando recortar diferencias pero unhas veces a porteira local e outras os erros de finalización fixeron imposible acadalo.

Xa cara o final do encontro as capitalinas aproveitaron unha contra para por o definitivo 3-0 no marcador.

Cidade de Lugo: Sheila, Akira, Paula, Laura, Adelaida. Tamén xogaron: Laura Aíras, Cristina, Estefania e Ana

Viveiro Fsf: Diandra, Anna, Nerea, Mery e Andrea. Tamén Xogaron: Rosanna, Bea Patricia.

Exit mobile version