Site icon Crónica3.com A Mariña

O GPP agarda que “Besteiro compareza este luns por primeira vez e asuma a súa responsabilidade política”

Lugo, 1 de decembro de 2014. En relación ao pleno extraordinario que se celebra este luns ás 20.00 horas na Deputación de Lugo; o Grupo Provincial do Partido Popular fai as seguintes consideracións:

• Tras coñecer polos medios de comunicación o rexistro xudicial a dependencias da Deputación de Lugo e tras esperar o tempo prudencial, -visto que o presidente do organismo lucense non daba explicacións ao respecto-; dende o GPP pediuse o sábado 22 de novembro publicamente a comparecencia de José Ramón Gómez Besteiro, e, para elo, anunciábase o rexistro dunha moción de urxencia para o seu debate no pleno do pasado martes, en exercicio, das posibilidades recollidas no Regulamento Orgánico de Funcionamento.

• Durante a sesión plenaria do pasado martes, o presidente da Deputación de Lugo acepta no acto a nosa moción e invéntase unha autocomparecencia a iniciativa propia para preguntarse a si mesmo, con, aparentemente, unha única finalidade, evitar o debate da moción de urxencia rexistrada polo GPP e calar así á oposición.

• Durante a súa intervención o presidente limitouse a ler un comunicado, reproducindo o que todos coñecíamos polos medios de comunicación, lonxe de transmitir seguridade ou aclaracións sobre as investigacións que se están a levar sobre departamentos que dependen organicamente del.

• Polo tanto, a través desta fórmula, -solicitar unha comparecencia a iniciativa propia e evitar o debate da moción-, todo parece indicar, que se perseguía un só obxectivo: evitar que a oposición tivese voz. Estivemos ante un modelo limitativo, restritivo e improcedente dun sistema democrático e dun presidente que se autoproclama transparente.

• Por iso, sen enganar a ninguén, anunciouse incluso na propia sesión plenaria que o grupo maioritario pediriamos un pleno extraordinario. Así se fixo e, novamente, cumprindo o anunciado, rexistramos a solicitude de convocatoria o pasado venres onde pedimos que se dea resposta ás preguntas formuladas polos grupos políticos. E como así consta, no informe que nos fai chegar o propio secretario da Deputación de Lugo, a celebración deste pleno non é opcional, senón obrigada, ata o punto de que se non a convoca, entederíase automaticamente convocada.

• Así, agardamos que hoxe Besteiro compareza por primeira vez, é dicir, dea respostas, e asuma a súa responsabilidade política.

Exit mobile version