Site icon Crónica3.com A Mariña

O GPP dá un prazo de 24 horas para que Besteiro explique como e cando ten previsto responder as preguntas sobre a Operación Pulpo

Lugo 2 de decembro de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular dará un prazo de 24 horas para que o presidente da Deputación, o socialista Jose Ramón Goméz Besteiro, explique como e cando ten previsto responder ás preguntas que lle formularon sobre a Operación Pulpo.

Os populares consideran que Besteiro perdeu unha oportunidade única, por segunda vez, para ofrecer as explicacións oportunas, tanto á oposición como á cidadanía, sobre as dúbidas que respecto da súa xestión e proceder xurden tras a investigación xudicial iniciada para esclarecer a existencia de presuntos graves delitos (tráfico de influencias, fraude, exaccións ilegais, prevaricación e malversación de caudais públicos)

O Partido Popular sospeita que a negativa de Besteiro, por segunda vez, a explicarse, transcorridos once días desde o rexistro xudicial evidencian a súa falta de transparencia pero sobre todo fan que os populares se pregunten que é o que Besteiro ten que ocultar.

Sinalan tamén que, como puideron comprobar todos os medios de comunicación, no pleno extraordinario de onte, non tiveron resposta a ningunha das preguntas formuladas e nese senso reiteran, que esgotarán todas as fórmulas ao seu alcalce, para que o máximo dirixente asuma a súa responsabilidade política e aclare todas as dúbidas que penden sobre a Deputación.

Por outra banda, desde o Partido Popular quixeron deixar claro que non existe regulamento en ningunha admnistración que prohiba a Besteiro responder de xeito inmediato as correspondentes preguntas e tampouco qu e prohiba darlle voz á oposición.

ANEXO: preguntas formuladas polo PP

PREGUNTA 1
• Cando tivo vostede constancia da existencia de problemas no departamento de Protocolo, en concreto, na xestión do programa Km0?

• No momento que tivo constancia destas presuntas irregularidades, ¿Qué actuacións puxo en marcha para que estas se resolveran?

PREGUNTA 2
En relación co sistema de pagos que se empregaba na xestión do Km0:

• É certo que o departamento facía uso habitualmente dunha caixa forte? Ese uso estaba autorizado por vostede?

• Ademais a información que se explicou con toda claridade nos medios de comunicación -e que ninguén desmentiu – falaba do uso de grandes cantidades de diñeiro en metálico. ¿Autorizou vostede a unha persoa da súa confianza para esta retirada que non era nin Secretaría nin Intervención?

• Pode confirmar a cantas persoas ten autorizado vostede, para realizar disposicións de diñeiro en efectivo a cargo da Deputación de Lugo?

• Nun medio de comunicación falábase de que o diñeiro acababa en sobres que lles daban a quen ían de encargados nas excursións. Coñecía vostede isto? E dicir, coñecía vostede o recorrido do diñeiro da caixa forte a sobres?

PREGUNTA 3
En relación cos pagos do Km0:
• Pode confirmarnos que efectivamente había unha correspondencia total e absoluta, matematicamente exacta, entre o facturado e o gasto real efectuado nos establecementos hostaleiros e de ocio desta provincia? Hai unha correspondencia entre o facturado e o pagado?

• Ten constancia da existencia de protestas dalgún establecemento ou particular ante esta institución porque o gasto real non se correspondía coa factura?

PREGUNTA 4
• Houbo manobras xurídicas, entre elas a modificación ad hoc da relación de postos de traballo, para que algún traballador desta casa, cuxo posto de traballo tiña unha característica eventual e de confianza directa do Presidente, teña hoxe unha estabilidade laboral con melloras nas súas condicións?

PREGUNTA 5
No mesmo día do rexistro facíase puntualización de que o mesmo se estendía á area de Vicepresidencia, a Deportes.

• Esta a ser investigada a financiación ao C.B. Breogán?

Exit mobile version