Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mago Teto achega a Viveiro as “Novas tolemaxias”

Tralo éxito do espectáculo do Mago Teto “Tolemaxias” xorden agora as “Novas tolemaxias, un espectáculo onde o mago intenta facer realidade os seus soños, son unha serie de ilusións na búsqueda de ofrecer algo máis que unha serie de trucos, buscan chegar as emocións dos asistentes.

Alianzas que desaparecen para aparecer nos sitios máis insólitos, adiviñacións de soños, coitelos que poñen en perigo a vida dos espectadores… ademais de ter a oportunidade de coñecer a “Leti”, a única serpe do mundo capaz de adiviñar cartas, e Viscobich, un coello moi máxico. E tamén podrás descubrir números de maxia de cerca gracias a incorporación dunha pantalla de 4×3 metros no show.

O final do espectáculo é unha homenaxe a Houdini, o rei do escapismo e as evasións, no cal Teto realizara un perigoso número de escapismo.

O espectáculo para adultos terá lugar o domingo 28 ás 21.00 horas.

Exit mobile version