Site icon Crónica3.com A Mariña

O Praias de Barreiros FS disputa o sábado un encontro solidario

O conxunto barreirense estase mostrando moi serio no seu debut en competición oficial. Os pupilos de Toni Novo contan ata o momento todos os seus encontros por vitorias.

As boas sensacións que deixaron na pretempada confirmáronse no incio da Liga Provincial Masculina de Lugo. Os barreirenses impuxéronse con solvencia a todos os seus rivais na primeira das catro voltas das que consta a competición: Cubelas (5-0), Samos (1-7), Talleres Vilaboa (7-1), Peña Españolista Sarria (1-7). O Praias iniciou a segunda volta da mesma maneira, impoñéndose ó Cubelas (2-7) nun encontro disputado en Ribadeo. O dominio do conxunto barreirense é notable, lideran a clasificación con 15 puntos de 15 posibles, con 33 goles a favor e tan só 5 en contra.

Fútbol sala solidario
O próximo sábado 27 de decembro disputarán un encontro adiado fronte ó Samos FS (18.30h). O Pavillón Municipal de Barreiros será o escenario do último encontro do 2014, unha data especial que a directiva do conxunto barreirense quere converter nunha data solidaria. Por iso puxeron en marcha unha campaña na que recollerán alimentos non perecedeiros para doalos ás familias máis necesitadas do concello.

Exit mobile version