Site icon Crónica3.com A Mariña

O proxecto educativo Altair programa un novo campamento de inverno en Láncara

Os grupos de Chao de Castro (Burela) e Seteportas (Compostela) integrados no movemento internacional, sociocultural, educativo e de cooperación para o desenvolvemento Altair organizan un campamento conxunto durante os días 19, 20, 21 e 22 de decembro en Láncara (Lugo).

A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 17 anos, cun custo de 40 euros para as persoas socias de Altair e de 65 euros para as non socias. A saída será o venres día 19 ás 18h e a hora de regreso está prevista para as 14.00 horas do luns 22.

A experiencia terá lugar na escola unitaria da aldea de Trasliste, en Láncara (Lugo), acondicionada con instalacións tanto para o aseo como para facerlle fronte ó frío. Neste enclave rural e natural desenvolveranse, entre outras actividades, deportes tradicionais, rutas de sendeirismo, coñecemento da actividade agraria e gandeira, xogos nocturnos, cociña, convivencia na natureza, actuacións musicais e veladas.

Dende Chao de Castro Altair-Burela e Seteportas Altair-Compostela convocan reunións informativas para as familias os días 14 de decembro ás 19h na sede de Altair (rúa do Río, 10 – Burela) e 15 de decembro ás 19.30 horas na galería Sargadelos de Compostela (rúa Nova, nº15).

Aquelas persoas que desexen obter máis información ou anotarse poderán facelo a través dos enderezos electrónicos chaodecastro.altair.burela@gmail.com e seteportas@altairweb.org , ou ben por telefono nos números 685 325 153 (Bruno) e 659 612 205 (Olalla).

Alén desta iniciativa, ámbolos dous grupos de educación nos tempos libres desenvolven periodicamente actividades de voluntariado para nenos e nenas de entre 7 e 17 anos: os sábados pola mañá en Compostela (de 11.00 a 14.00 horas) e os sábados pola tarde en Burela (de 16.00 a 19.00 horas). Dende Altair convidan a todas aquelas persoas interesadas no proxecto a solicitar información ou participar de xeito experimental sen compromiso

Exit mobile version