Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG PSOE de Foz celebrou a cea de Nadal coa compaña dun cento de veciños e veciñas do pobo

OLYMPUS DIGITAL CAMERAFoz, 17 de decembro de 2014.- Preto dun centenar de afiliados e de veciños de Foz congregáronse nun coñecido restaurante da vila para celebrar a tradicional cea de Nadal do PSdeG-PSOE.

O Secretario Xeral do PSOE de Foz, Jose Ramón Val, o recentemente elixido candidato á alcaldía, Jaime Cancio e a executiva local quixeron aproveitar esta cita para inxectar grandes doses de compromiso, ante os veciños e veciñas, ás portas dunhas eleccións tan importantes e decisivas como son as municipais.

Tanto Val coma Cancio, aparte de felicitar as festas e amosar os seus mellores desexos para todos no vindeiro 2015, fixeron referencia ao pasado proceso de elección de candidato que se celebrou con total transparencia e ao que puido optar calquera militante da agrupación.

Destacaron a necesidade urxente de arreciar no traballo para acadar un Foz mellor, coa seguridade de que hai unha forma distinta de gobernar o Concello, demostrando que os socialistas queremos e temos un compromiso e un proxecto para resolver os problemas da cidadanía e recuperar o estado no que se atopa o noso pobo ante o desleixo e a parálise do actual grupo de goberno do PP, cualificando de “experimento frustrado e nefasto” o mandato do alcalde popular.

Exit mobile version