Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ribadeo cae ante o Barbadás a pesar de adiantarse no marcador con gol de Cris (3-1)

O Ribadeo adiantábase no marcador cun gol de Cris no minuto 18 na casa do Barbadás, pero os locais continuaron na procura dun empate que chegaría no minuto 33 cun remate de cabeza de Rubén Arce.

Na segunda metade, de novo Rubén Arce remonta o partido con outro remate de cabeza aproveitando un centro de banda. Tras o 2-1, os celestes procuraron o empate deixando lugar a perigosas contras dos locais que sentenciaron o partido, despois de catro derrotas consecutivas, cun gol de Hugo xa no tempo engadido.

Os ribadenses caen deste xeito ata a undécima praza da clasificación con 23 puntos tras deixar escapar os puntos nos últimos dous partidos disputados. O correspondente á décimo cuarta xornada que os enfrontaba ó Bertamiráns, foi suspendido pouco antes do seu inicio polo impracticable estado do Pepe Barrera a causa da choiva caída durante a pasada fin de semana.

O encontro foi aprazado para o sábado 27 de decembro no campo ribadense a partir das 17.00 horas, aproveitando o parón de Nadal.

O vindeiro choque disputarase en Ribadeo onde os de Vilachá e Germán Campos recibirán ó Arousa que suma un punto máis que os mariñáns na táboa, 24, cun partido máis.

Exit mobile version