Site icon Crónica3.com A Mariña

O viveirense Cristóbal Rodríguez, primeiro español en acadar o torneo internacional Marqués de Funchal de péntatlon

podio-fuchalO triple medallista continental mariñán, Cristóbal Rodríguez, adxudicábase esta fin de semana a Copa do Torneo Internacional Marques Funchal, que se celebrou na localidade lusa de Anadía pertencente ó distrito de Aveiro en Portugal.

O multideportista de Viveiro chegaba o venres á noite á localidade lusa co Equipo Nacional Español e cun dos seus adestradores que viaxaron en automóbiles.

A competición deu comezo o sábado ás 08.00 horas, hora local, e finalizaba pasadas as 19.30 horas, tras case 12 horas de dura competición. A primeira proba á que se enfrontou o galego foi a de esgrima, na que rematou na segunda praza, para pasar por razóns de programación á proba hípica na que acadou a vitoria.

Cara ás 15.00 horas tocaba a proba de natación que se adxudicou tamén con autoridade. Xa ás 18.00 horas o pentatleta de Viveiro que marchaba á fronte da clasificación xeral recibía últimas instrucións da súa técnico para afrontar a proba combinada de axunta (Carreira-Tiro). Dado o pistoletazo de saída, Rodríguez foi secuenciando a carreira e o tiro para administrar a súa vantaxe con respecto aos perseguidores alzándose coa vitoria queo convertía no primeiro pentatlea español en lograr esta pretixiosa proba internacional.

Ó pouco de finalizar a proba, o deportista recibía a chamada dos directivos da Federación Galega e Española para felicitalo xunto cos seus compañeiros.

Exit mobile version