Debido á boa aceptación por parte dos clientes o hotel restaurante Voar, de Ribadeo, decidiu ampliar ata o vindeiro luns 8 de decembro a segunda edición das súas xornadas gastronómicas dedicadas ás fabas e o cachopo. Nesta cita gastronómica inclúense tres pratos diferentes con fabas (fabada asturiana, fabas con ameixas e con centolo) e cinco preparacións distintas de cachopo: cachopón de tenreira, cachopo de porco ibérico con cecina e queixo de cabra, de tenreira, de pescada e de rape. Todos estes pratos ofrécense a prezos especiais durante as xornadas. Ó mesmo tempo o restaurante Voar mantén a súa ampla e variada carta de temporada, segue ofrecendo suxerencias diferentes e tamén o seu menú do día.