Site icon Crónica3.com A Mariña

Obra de teatro infantil en Alfoz

Alfoz, 18 de decembro de 2014.- Dentro do amplo programa de Nadal organizado polo Concello de Alfoz, o vindeiro sábado, día 20, ás 20,00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, representarase a obra infantil titulada “Unha cincenta do século XXI”, representación que correrá a cargo dos alumnos de 6º de Primaria do Colexio de Foz Número 1, dirixidos pola profesora Montse Blanco, cos que colaborarán algúns rapaces do Grupo de Teatro “A Maseira” de Alfoz e O Valadouro.

Exit mobile version