
Unha veintena de moz@s participaron este martes en Barreiros nun obradoiro formativo sobre busca de emprego. A actividade levouse a cabo pola mañá no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. O obradoiro foi organizado pola Concellería de Cultura a través da Oficina de Información Xuvenil, que selecciona e programa en colaboración cos moz@s participantes o curso máis interesante para a súa formación, de entre varios propostos pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta.