Site icon Crónica3.com A Mariña

Ollomao organiza unha charla sobre a cotización e a xubilación, dentro do ciclo de Xoves Universitarios

Dar a coñecer a reforma da lei de pensións, explicar como se traduce a cotización de toda unha vida laboral en cobro á hora da xubilación, ou canto pagan as persoas que traballan por conta propia ou as pequenas empresas fronteás grandes, son algunhas das cuestións que se tratarán este xovesna charla sobre “A xubilación e a cotización” que organiza o Colectivo Cultural Ollomao.

Esta actividade encóntrase dentro do ciclo de “Xoves Universitarios”, actividade que tentaachegaraos bares de Barreiros unha serie de debates e mesas redondas, sobre diferentes temas de actualidade e interese para a poboaciónxeral, procurando un ambiente máis informal e distendido que anime á participación das persoas que asisten, á vez que contribuir a dinamizar a hostaleríabarreirense.

Tras a primeira charla sobre a factura da luz, celebrada o pasado mes; preséntase para este xoves un segundo acto no cal tomarán parte como poñentes os expertos Balbino Fernández, asesor fiscal; Lorenzo Cornide, economista; e Miguel Franco, graduado social, membros todos eles de BflConsulting, quenademáis da súa participación na parte expositiva, estarán a disposición do público asistente para dar respostaássúasdúbidas.

O Colectivo Cultural Ollomao avanza ademáis que proximamente terá lugar unha charla cunha temática moi semellante a esta que se presenta, pero centrada máis concretamente na figura da persoa que traballa por conta propia.

Exit mobile version