Site icon Crónica3.com A Mariña

Os concelleiros independentes de Foz abstivéronse na votación dos orzamentos para 2015 porque “pediamos un Plan de Emprego”

O grupo de Concelleiros Independentes de Foz, no pleno extraordinario celebrado este luns onde se incluía a aprobación dos presupostos para o ano 2015 finalmente abstivémonos tras non ser recollidas totalmente as emendas que propoñían solicitando que se habilitara unha partida presupostaria de 200.000,00 euros para a creación dun Plan de Emprego.

“Pedíamos que tiveran cabida os seguintes requisitos:

• Dar cobertura tanto a parados titulados como a parados sen ningunha titulación para así poder incluír no mesmo un técnico para facer o inventariado de camiños públicos, un técnico de guía turístico para o entorno da Basílica de San Martiño, ou calquera outra persoa titulada que poida ser necesaria para o desenvolvemento do noso Concello.

• Persoal para o correcto mantemento de limpeza do noso Concello podendo ser aproveitado para ter as nosas praias por Semana Santa xa nunhas condicións óptimas.

• Reparación e mantemento de edificios públicos tanto no casco urbano coma no medio rural”.

En canto a este Plan de Emprego, “o alcalde comprometeuse a levalo a pleno no vindeiro mes de Xaneiro tras unha modificación da partida de crédito de 165.000,00 Euros máis unha parte da partida de continxencia cun total aproximado de 200.000,00 euros para poder levalo a cabo entre outras peticións doutros grupos”.

O que si se incluíu foi a proposta de facer memorias valoradas do arranxo de camiños e rúas públicas, así como tamén crear unha mesa de contratación para a súa adxudicación formada por tódolos grupos políticos.

Neste mesmo pleno aprobouse por unanimidade unha moción que este grupo presentou onde instamos á Xunta de Galicia ó arranxo dun tramo da estrada LU-125 Ferreira-Foz ao seu paso por san Martiño onde se forma unha gran bolsa de auga debido as obras que alí se acometeron facendo este tramo sumamente perigoso para os viandantes.

Exit mobile version