Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Concelleiros Independentes de Foz afirman que “o alcalde pasou de chorar polo plan de axuste e predicir bancarrota, a un optimismo irreal”

Foz, 17 de decembro de 2014.- O grupo de Concelleiros Independentes móstrase perplexo logo de escoitar as declaracións do noso rexedor. O que escoite estes días ao alcalde de Foz preguntarase que tanto cambiou a situación en tan pouco tempo neste Concello, porque fai tan solo 6 meses decía que a oposición ao non aprobar o Plan de Axuste que él mesmo propoñia, colocara ao Concello na bancarrota e agora tan só 6 meses despois di que estamos muy ben e que o Concello quedará con deuda cero.

SR. Alcalde, vostede sabe que no noso grupo existen Concelleiros que estaban no Equipo de Goberno anterior, e debe saber que non somos parvos, lea vostede a acta plenaria do 25 de Abril de 2012, tan só mes e medio antes de que vostede tomara posesión, e nesa acta á petición do Equipo de Goberno existe un informe de intervención que di como quedaba o Concello económicamente, vexamos:

– Préstamos sin amortizar .1.786.909,05 Euros, nestes préstamos estaba a operación de tesorería en 700.000 Euros. Dos cales se gastaron 430.784,09Euros. Quedábanlle para gastar ó equipo entrante, 269.216,91 Euros.

– Facturas pendientes de pagar de tódolos anos anteriores, 1.532.394,04 Euros.

– Pero o interventor di no seu informe que quedaron nos bancos de Foz, a cantidade de 515.738 Euros.

– Tamén di nese informe que o Concello está endeudado no 35,36 %, destacando que esta moi lonxe do que marca a ley o 110 %.

– Debido a que o anterior Equipo de Goberno marchou do Concello o 11 de Xuño de 2011, posou case 6 meses do ano pagando salarios, pagando gastos menores e sen cobrar apenas impostos.

– Vostede Sr. Castiñeira foi o que cobrou os impostos do ano 2011, preto de 5 Millóns de Euros en Impostos, da Contribución Urbana e Rústica, Vehículos, Transferencias do Estado, Transferencias da Xunta, Canon de Gestagua, etc.etc.

– Pero vostede lonxe de recoñecer a situación fíxose a victima, e fixo declaracións á opinión pública de que non lle queríamos aprobar o Plan de Axuste do Goberno, para pagar facturas a proveedores. Pero nós a pesar de ter os empresarios encima, aguantamos porque sabíamos que estaba mintindo, e que o seu Plan de Axuste nos metería en un crédito onde o Concello tería que pagar 300.000 Euros de intereses, e votamos en contra, e mire por onde nunca se produceu a bancarrota que vostede predecía.

– Acollémonos ao sistema de desconto anual, e nestes momentos está todo pagado, ao contrario dos demáis Concellos que están afogados refinanciando unha e outra vez o préstamo que vostede nos quería colocar, metendo o Concello nun calexón sin saida.

– Sr. Castiñeira, para Xuño vai cumprir vostede 4 anos ao frente do Goberno local, manexou nestes 4 anos, 24 Millóns de Euros, sin levantar un ladrillo, e o que chama poderosamente a atención e que a maioría dos empresarios de Foz, están sorprendidos de non ser chamados polo Concello para presentar unha oferta, para poder facer ulgún traballo, e xa non digamos a oposición que prácticamente non participou en ningunha adxudicación de obra pública.

– A pregunta está servida, ¿quen gobernou este Concello estes catro anos e como se reparteu o traballo?.

– Finalmente Sr. Castiñeira léase o Informe de Intervención, insertado na acta do pleno do 25-4-2011, e se o ten a ben pida desculpas aos seus veciños.

Exit mobile version