Site icon Crónica3.com A Mariña

Os concelleiros independentes de Foz critican o “estado terceiromundista” da rúa do Centro de Saúde e o colexio O Cantel

rua-colexio-fozOs Concelleiros Independentes de Foz en contestación ás afirmacións que fixo o Alcalde tralo último pleno, onde afirmaba que estes Concelleiros abandonaran as tarefas municipais, poñen de manifesto que “os únicos que abandonaron as súas tarefas, se é que algún día se puxeron a elas, que o dubidamos, é este equipo de Goberno”.

Proba disto é o estado terceiromundista no que se atopa a rúa que nos leva ó Centro de Saúde e ó Colexio O Cantel, onde a maleza invade a maior parte das veira rúas, as cales se atopan cheas de socabóns, facéndoas perigosas e intransitables, sobre todo no caso de persoas maiores, como se pode apreciar nas fotos que axuntamos.

Tamén é ben certo que non se pode pretender facer en catro días o que non se fixo en catro anos, e durante todo este tempo, o Alcalde gobernou a costas dos veciños preocupándolle máis o afán de recadación que o benestar dos seus cidadáns.

Exit mobile version