Site icon Crónica3.com A Mariña

Os de Iván Cao viaxan a Pazos de Borbén

O Burela Pescados Rubén de Terceira División desprázase á sempre complicada pista do Pazos de Borbén para disputar a undécima xornada do campionato ligueiro, sábado 13 a partir das 19.00 horas.

O conxunto burelés, dirixido por Iván Cao, intentará dar a sorpresa no feudo pontevedrés e dar continuidade á vitoria lograda na anterior xornada (5-1) ante o Ribeira FS. A novel escadra mariñá mantén unha liña ascendente nunha competición esixente que lles permite optimizar a súa formación e neste duelo ante o Pazos de Borbén terán unha vez máis un desafío apaixonante para conquistar os tres puntos en xogo.

Exit mobile version