Site icon Crónica3.com A Mariña

Os locais hostaleiros ribadenses membros de ACISA poderán ampliar en 3 horas o seu horario de peche en fin de ano

Ribadeo, 29 de decembro de 2014. A Xunta de Galicia ven de comunicarlle a Acisa, a través do seu presidente, Roberto Ramos, a ampliación do horario de peche en 3 horas máis para os establecementos de hostalaría membros da asociación para a noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro, de acordo coas respectivas licencias municipais de cada local. A administración autonómica advirte que “en todo caso, o horario máximo de peche dos locais non poderá superar as 8 da mañá do día de aninovo”.

Acisa tamén solicitou a ampliación do horario de peche nunha hora máis, nos locais hostaleiros asociados, para as madrugadas do 2 ao 3 de xaneiro, de 3 ao 4 e do 5 ao 6 de xaneiro de 2015. A Xunta tamén concedeu estas ampliacións: “logo do informe favorable do Concello de Ribadeo, a Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por ser o órgano competente, ditou unha resolución na que autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche nas datas mencionadas”.

Exit mobile version