Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares de Viveiro presentan unha moción relativa ás carteleiras innformativas do municipio

O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR no Concello de Viveiro a través do seu concelleiro Celestino García Paz en base á lexislación vixente, presenta a unha MOCIÓN RELATIVA A COLOCACIÓN DE CARTELEIRAS INFORMATIVAS NO NOSO CONCELLO.

Algúns veciños de Covas e doutras parroquias do Concello, dirixíronse a este Grupo Municipal ó obxecto de que fixeramos as xestións necesarias para a colocación de carteleiras pechadas , onde se puidesen expoñer todo tipo de informacións, dende bandos, esquelas ou mesmo de distintas asociacións que puidesen resultar de interese para os veciños.

Estas carteleiras deberían de estar situadas en puntos de referencia e de fácil aaceso para a súa consulta, evitando así o que sucede na actualidade onde esta información está dispersa e situada en comercios ou en lugares coma cábinas de teléfono, co que en moitos casos pasa desapercibida para unha inmensa maioría da población.

Estas carteleiras informativas das que se poderán beneficiar todas as parroquias do noso Concello, xa existen dende fai anos en Concellos tan cercanos a nos como os de Burela e Xove.

Esta petición dos veciños non é nova, posto que o noso grupo xa planteara esta posibilidade en forma de rogo, no pleno celebrado o 1 de agosto de 2013, non obtendo ata a data resposta favorable.

Ao obxecto de que esta petición se poida facer realidade, o grupo municipal do Partido Popular mantivo conversacións coas Empresas Funerarias deste Concello – Funeraria Gómez Travieso e Alianza e Barros -, conversas donde estas empresas nos confirmaron que están dispostas a colaborar para que este asunto saia adiante.

Por estas razóns, o noso grupo somete a consideración do Pleno o seguinte acordo:
1- Instar á Alcaldesa para que se reúna cos Xerentes das dúas funerarias citadas para acordar os términos da colaboración e concretar aspectos coma o modelo de carteleira, así como a distribución, o número e a ubicación das mesmas polas distintas parroquias do noso Concello.

Exit mobile version