Dentro da programación de Nadal que o Concello de Mondoñedo ofrece baixo o patrocinio da Vicepresidencia Primeria da Deputación Provincial e destinada a un público infantil e familiar podemos disfrutar dunhas actuacións de títeres que se levarán a cabo os seguintes días no Salón de Actos da Casa da Xuventude a partir das 18.00 horas. O venres 26 de decembro Títeres Cascanueces porá en escea “Un diaño na maleta”; o domingo 28, Matapiollos representará “A rebelión do monicreque”; o luns 29, Mircromina Títeres actuará con “Historias do taller” e o martes 30, Tanxarina ofrecerá o espectáculo que leva por título “Titiricircus”.