Site icon Crónica3.com A Mariña

Os veciños de Foz refrendan a concorrencia de “Foz, Plataforma de Futuro” ás próximas eleccións municipais

Os veciños de Foz que constituiron a comisión de firmas da iniciativa #Obxetivo500, logo de examinar minuciosamente todas as sinaturas acadadas por “Foz, Plataforma de Futuro” de cara á súa concorrencia electoral, temos que informar dosseguintes datos de participación:

Sinaturas totales: 664
Sinaturas recollidas a través de internet: 22
Sinaturas de veciños de fóra de Foz: 8 (non computan)
Total de sinaturas válidas:656

Era a primeira meta, esa proba de lume na que todos os veciños agrupados ao carón desta nova e ambiciosa iniciativa de transformación política puxemos todo o noso esmero.

O refrendo está superado, estaremos nas vindeiras eleccións municipais.

Vamos a construir un proxecto real de vertebración para Foz en base a unha intensa participación veciñal e dende a micropolítica do barrio, da comunidade, da parroquia ou do asociacionismo.

Non será un sendeiro fácil para nós, pero tampouco para as prácticas de democracia de baixa intensidade que vamos a erradicar da vida do noso concello.

O día 27 de decembro “Foz, Plataforma de Futuro” presentara a folla de ruta aosseusveciños.
Queremos que Foz sexa gobernado pola participación veciñal para que volva a gobernarse dende Foz, esa é a idea que enebra os ideais de máis de seiscentos focenses e “nada é máis poderoso que unha idea á que lle chegou o seu momento”.

Exit mobile version