Site icon Crónica3.com A Mariña

Otus Scops presenta en Ribadeo o seu primeiro videoclip “El solitario”

scot-fareroO grupo Otus Scops presenta este sábado 6 no Teatro de Ribadeo, ás 20.30 horas, o seu primeiro videoclip titulado “El solitario”. Trátase dun vídeo musical cunha temática un tanto especial, no que se conxugan influencias do cine kinki, o spaguetti western e de directores como Tarantino ou Kusturica.

O vídeo, dirixido por Marco Máis de M2 Visualstudio, acompaña á música surf rock flamencoide de Otus Scops, grupo integrado por Jorge Rodríguez á batería, José María Rodríguez á guitarra e Pablo Canalís ao baixo.

Os escenarios do vídeo foron gravados no seu maior parte na contorna de Rinlo e as súas antigas cetarias, nunha zona de protección avícola e moi apta para o surf. Tamén se gravaron algunhas escenas no municipio de Tapia, máis concretamente nas praias de Mexota e Serantes, pola súa beleza paisaxística e tranquilidade.

O vídeo relata a historia do solitario, personaxe ficticio pero que podería manter algún paralelismo co famoso delincuente, que tras asaltar un banco fóxese co diñeiro, aínda que acaba sendo enganado polo grupo musical, que interacciona dun xeito surrealista con este criminal. Todo iso baixo un prisma surrealista e cómico, de estética setenteira.

Trátase dunha produción de baixo custo, gravada en tan só dous días e con medios limitados.

Á presentación do clip seguiralle un miniconcerto no que o grupo tocará algunhas das cancións recolleitas no seu primeiro disco “o son do mar” e haberá algunhas sorpresas para o público asistente, que terá acceso libre ao teatro.

A presentación efectúase en Ribadeo, posto que a maior parte dos exteriores foron gravados nas inmediacións, e que o concello mostrouse colaborador co proxecto desde o primeiro momento.

A productora local Servicios Audiovisuales Elfarero colaborou con tomas aéreas.

*Foto: El Farero Serviciso Audiovisuales

Exit mobile version