Site icon Crónica3.com A Mariña

Papá Noel visita San Cibrao

A partir das 11.30 horas Papá Noel percorrerá as rúas de San Cibrao este mércores 24 de decembro. Ao remate fará una parada na Casa da Cultura para recoller as cartas dos nenos e nenas nun acto organizado pola Comisión de Festas do Carme e o Concello de Cervo. E a partir das 17.00 horas, no pavillón do CEIP Cervo haberá contacontos con “Caxoto Kativo”, a visita de Papá Noel, chocolatada e inchables, sorteo de marisco. A Asociación Cultural-Recreativa Fervenza de Sargadelos e o Concello de Cervo organiza a sétima Noiteboa Infantil.

Exit mobile version