Site icon Crónica3.com A Mariña

Parte da asamblea de Anova de Ribadeo suman o seu apoio a Cerna “dicindo si ó nacionalismo galego”

Calquera que observe ou estea atento á actualidade política, tanto estatal coma galega, sabe que vivimos nun tempo de cambios súpetos e acelerados. Nós imos referirnos ao ámbito galego tendo en conta que os que asinamos esta nota tivemos recentemente unha certa participación política e un certo eco, pequeno desde logo, na nosa localidade.

Nas últimas eleccións Autonómicas entrou un novo grupo político no Parlamento Galego denominado Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) que estaba conformado por Esquerda Unida (EU) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova), coalición tamén apoiada por Equo e por Ecosocialistas.

Imos facer referencia a Anova xa que en maio de 2013 constituiuse en Ribadeo a primeira asemblea local da mariña lucense. Anova é unha pluralidade de certa envergadura ideolóxica que a fai un tanto especial. Salientaremos dúas ideoloxías claras: unha que está a expensas do que Izquierda Unida en Madrid decida e outra na que o seu sentir é nacionalista. Por iso, esta última se desvinculou totalmente de Anova despois de someterse a unha votación interna e como resultado dun si masivo a formarse coma o colectivo autónomo político chamado Cerna.

Parte dos que formábamos a asamblea de Anova de Ribadeo, vimos de sumar o noso apoio a Cerna, deixando de pertencer a Anova, xa que vai máis no noso sentir e na liña de traballo a seguir.

Dende o sentimento máis galeguista Cerna apoia as candidaturas cidadáns que aínda sen estar vencelladas a ningunha sigla política e si sentidas dende a maioria da cidadanía do noso país, Galiza.

JORGE DIAZ FREIJE

Exit mobile version