Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Pradolongo’ o 17 de decembro en Viveiro

O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA pecha a súa programación do ano 2014 coa proxección dunha película do director Ignacio Vilar. “Pradolongo” (2012), proxectaráse dentro do ciclo de cine “Dirixido por…” o vindeiro mércores 17 de decembro, ás 20.30 horas no salón de actos do IES “María Sarmiento” de Viveiro. A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Exit mobile version