Site icon Crónica3.com A Mariña

Programación de Nadal 2014 do Concello de Viveiro

Viveiro, 18 de decembro de 2014.- Programación de Nadal 2014 do Concello de Viveiro:

– Inauguración do Belén xigante, instalado nas inmediacións da Igrexa de Santa María o día 21 de decembro ás 19:00 horas, permanecerá ata o 17 de xaneiro.

– Casa de Papá Noel, instalada na Praza Maior (Organizado pola Asociación do Casco Histórico de Viveiro en colaboración co Concello de Viveiro)

– Cabalgata de Papá Noel, o día 24 de decembro, e Cabalgata dos Reis Magos, o día 5 de xaneiro, que percorrerán as rúas de Viveiro, Celeiro e Covas.

– Programación do Teatro Pastor Díaz durante o mes de decembro:

Sábado 27: Concerto de fin de ano da Banda Municipal de Música de Viveiro.
Lugar: TPD
Hora: 21.00

Domingo 28: Mago Teto
Lugar: TPD
Hora: 20.30
Título: NOVAS TOLEMAXIAS
Clasificación: Maxia / Maxia en xeral
Duración: 80 min
Público: Adultos
Ficha artística
Obra/Espectáculo: NOVAS TOLEMAXIAS
Autor: HECTOR GUERRA
Dirección: HECTOR GUERRA
Escenografía: ALEX FERNANDEZ,MAGICUS,JUAN MAYORAL,
Deseño iluminación: TETO
Vestiario: ARATZAZU DOMINGUEZ
Música: TETO
Elenco artístico: MAGO TETO e JORGE PRIETO
TRAS O ÉXITO DO ESPECTÁCULO DO MAGO TETO “TOLEMAXIAS” SURXEN AGORA AS “NOVAS TOLEMAXIAS”
¨AS NOVAS TOLEMAXIAS” do Mago Teto é un espectáculo onde o mago intenta facer realidade os seus soños, son unha serie de ilusións na busqueda de ofrecer algo máis que unha serie de trucos, buscan chegar as emocións dos asistentes.
Alianzas que desaparecen para aparecer nos sitios mais insólitos, adiviñacións de soños, coitelos que poñen en perigo a vida dos espectadores…ademaís de ter a oportunidade de coñecer a “Leti”, a única serpe do mundo capaz de adiviñar cartas, e Viscobich, un coello moi máxico.
E tamén podrás descubrir números de maxia de cerca gracias a incorporación dunha pantalla de 4×3 metros no show.
O final do espectáculo é unha homenaxe a Houdini, o rei do Escapismo e as evasións, no cal Teto realizara un perigoso número de escapismo.

Martes 30: Cantigas da estrela. Magin Blanco. Nadal na Rede. Secretaría xeral de Política Lingüística
Lugar: TPD
Hora: 18.00
Público: infantil

Exit mobile version